So ás veces
vai frío.
Ás veces
teño tanta calor
que desexaría abafar nun instante,
recorrer a morte coa vida
e
ficar
tombada
mirando o ceo
Pasar as xemas dos dedos paseniño,
apenas si
rozando
a pel
Descubrir o que hai máis aló,
continuar ata onde xa non vai frío
nin calor
porque aló
so
fica
o medo
Ás veces desexo abafar e perder o alento
para sentir a vida. As veces teño a necesidade de sentir as costelas abrirse
sobre min mesma.
Pero moi
poucas veces vai frío.
A min, que vivín
corvada sobre un cristal
de neve
de
seis puntas,
tan perfecto e tan hexagonal
que semellaba real.
A min, que sempre
me gustou o frío,
que sempre
soñei que vivía na aurora boreal,
esa que so aparece
para o círculo ártico.
A min, que me tallei
en xeo
para ser capaz
de non ser
fría.
É ser xeo e nunca ter frío
e cando vai
tanta calor derrétome
esa calor
abafante
do xeo das
costelas
presionándome
en hemorraxias
internas
que non podo
_non podo_
chegar a
comprender.
Déixame que morra ao saír da mureira
déixame que cegue as pupilas coa luz
Déixame que esguince as omoplatas ata so poder chorar
déixame, déixame que sexa feble,
non me suxeites as coxas mentres quebran
non me respires o alma, non me alienes a vida
que non teño,
non,
non teño xeo que derreter
porque poucas veces vai frío xa
neste círculo polar
do que nunca vin aurora
resquebráxase un cristal de neve
nun punto no que non hai nada
pero nada
NADA
nada é mellor que a nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario