Sen tatexos
cando as túas pálpebras de chumbo
percuten as meixelas
a ritmo de latexo
e suspiro
cando
todo
vai
tan
a m o d o
q u e
n o n
p a s a
o
T e m po
e nun instante fugaz descobres que
as manelas do reloxo
violaron toda lei física do espazo e o tempo determinaron
o intre de delirio no que violaban todos os pactos
e atacaban o ángulo obtuso que forma a bisectriz
dun corpo espido que se derrota sobre o leito
o tempo desenvaina con furia e se evacúa
todo rastro de onirismo do mecanismo dun reloxo
todo rastro de onirismo do mecanismo dun reloxo
que caeu na falacidade dun instante de quietude
pactado en tablas para fuxir
nun instante
nun instante
un in s t a n t e
u n
s o
i n t r e
n o
q u e
q u e r e r
f i c a r,
Sen máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario