Ela
di que soña,
abafa nunha escafandra
metálica
desafina os dedos
cun arpa de cordas
dentadas
e pisa cos peíños mornos
a inocencia da casualidade
o frío da non causalidade
Son soños,
é pesadelo voraz
que desmantela o martirio
suor de vida
sabas que suplantan a pel
colchón de temeridade e desafíos
onde ela di que soña
auroras apagadas e
corazóns incandescentes
enchidos de sangue.
Fundidos en acibeche.
Construíase o mar
erguíanse os montes
rebentaban as estrelas
morrían tódolos nacidos
aprendían a cabalgar as estacións
espíase a lúa ante a luz do astro
en fin
escribíanse tódolos libros do mundo
no intre conxeado
que ardía na humidade
tenúe do seu bico.
Ela
di que soña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario