Quérote
aquí,
Quero facer contigo
o que o outono fai cós carballos.
Vou arrodearte
coma o solpor aos portos.
Vou desviarte
coma as ínsuas dunha delta.
Quero
hiperbolizarche a alma,
espir o ruído tenue da túa tráquea,
osixenarche cada poro do corpo.
Quero perfilarche os vértices,
suliñárche as liñas da face,
percorrerche os beizos.
Pero
sen o tacto;
quero facer de ti
unha sinestesia.
Quero tocarte en sensacións
e que deveñas outono, porto,
desembocadura, vértices
e beizos.
Quero
ser egoísta
e tallarte en mármore,
fundirte en ferro,
soplarte en vidro.
Quero facer contigo
o que ti lle fas á noite.
Carballos-cerezos, cerezos-carballos. El futuro siempre tiene algo se maravilloso, quieras que no.
ResponderEliminar